Inicio Galicia A Cidade da Cultura convida a un ?Magosto no Gaiás? con castañas,...

A Cidade da Cultura convida a un ?Magosto no Gaiás? con castañas, obradoiro de tarrañolas e concerto de Xosé Lois Romero & Aliboria

0

O Museo Centro Gaiás acollerá o sábado 27 de outubro esta festa propia do outono e con moito arraigo na cultura popular galega, que ten xa as entradas á venda


A Cidade da Cultura de Galicia festexará a tarde do sábado 27 de outubro o seu xa consolidado ‘Magosto no Gaiás’. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica con tanto arraigo na cultura popular galega, non só se contará coas imprescindibles castañas —asadas ou como ingrediente principal en petiscos— senón que se adobiará a festa cos ritmos enxebres e enérxicos de Xosé Lois Romero & Aliboria, tanto no concerto co que se lle porán música a esta cita tradicional do outono, como no obradoiro de percusión con tarrañolas, que impartirá o mesmo músico antes da súa actuación no escenario do Museo Centro Gaiás.

Non hai magosto sen castañas —coas que contará a Cidade da Cultura grazas á colaboración un ano máis da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia— e sen foliada. E para isto último o ‘Magosto no Gaiás’ contará cun músico de raíz con moito prestixio como é Xosé Lois Romero, que vén de presentar o seu último traballo xunto co grupo de percusión Aliboria e grazas ao cal obtivo o Premio Martín Códax da Música 2018 na categoría tradicional e folk.

Leer más:  Las exportaciones gallegas aumentan un 13% en febrero, el segundo mayor incremento entre las comunidades

Xosé Lois Romero leva tempo traballando con músicos consolidados no eido do folclore e, despois de anos de formación, deu un paso adiante para —tras a gravación dun disco homónimo no 2016— ofrecer un espectáculo escénico rigoroso e profesional tanto no concepto como na posta en escena. Deste xeito, nesta nova etapa con Aliboria —un colectivo de novos músicos galegos— reinventan os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas vocalistas cuns novos arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra, que será o que ofrezan no ‘Magosto no Gaiás’ 2018.

Xosé Lois Romero e Aliboria animarán a festa deste Magosto 2018 subindo ao escenario do Museo Centro Gaiás bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos, perfectamente conxunguidos cos cantos, os aturuxos, os bailes e a diversión.

Obradoiro de tarrañolasComo novidade este ano, ademais de gozar da música e as castañas, aquelas persoas que lles interese poderán inscribirse nun obradoiro de percusión tradicional, centrado nas tarrañolas, impartido polo propio Xosé Lois Romero. Todos os inscritos nesta actividade —aberta a todos os públicos pero limitada a 15 prazas— levarán una tarrañolas de agasallo, cortesía de Xose Lois Romero, e de recordo deste especial ‘Magosto no Gaiás’ 2018.

Leer más:  El Gobierno asegura que el tren de bajo coste de Renfe llegará a Galicia este año

O obradoiro terá lugar no Museo Centro Gaiás de 19 a 20 horas, antes de que dea inicio a degustación, e a entrada para esta actividade formativa dará tamén acceso ao magosto coas castañas —asadas ou como ingrediente principal en petiscos (20 horas)— e á actuación musical (a partir das 21 horas).

E para aqueles e aquelas que queiran coñecer mellor a enorme e variada familia de instrumentos de percusión galegos e as súas características, exhibirase no Museo Centro Gaiás unha pequena mostra deles. Deste xeito, o público que asista ao ‘Magosto no Gaiás’ non só poderá velos, senón tamén tocalos.

EntradasAs entradas para ‘Magostos no Gaiás’ poden adquirirse xa de forma anticipada no Museo Centro Gaiás e nos puntos de venda físicos de Ataquilla por 5 euros: en www.

Ataquilla.com (+ gastos de xestión); e no mesmo día na billeteira por 6 euros. Para participar no obradoiro —con número de participantes limitados— haberá que mercar a entrada, que dará acceso a todo o festexo posterior: degustación de castañas e concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria. 

Leer más:  Los artistas que encabezan el cartel del Surfin the Lérez 2024 son The Rapants, Grande Amore, Niños Mutantes, Joe Crepúsculo y Ortiga

- Te recomendamos -