Inicio Galicia A cata oficial dos Meles de Galicia arranca hoxe no CIFP Compostela...

A cata oficial dos Meles de Galicia arranca hoxe no CIFP Compostela con 20 industrias e 32 mostras

0


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, inaugurou esta mañá no CIFP Compostela, en Lamas de Abade, a XVIII Cata dos Meles de Galicia con 20 industrias participantes.

Durante todo o día, un panel de 7 catadores procederán a analizar un total de 32 mostras, das cales 14 meles concursan na categoría “A” de Meles Monoflorais e 18 na categoría “B”, correspondente a Meles Multiflorais. Os expertos catadores que hoxe participan, ademais dos catro membros do panel de cata da IXP Mel de Galicia, son o xornalista e profesor universitario, Manuel Gago; a coordinadora académica do Grao de Nutrición Humana e Dietética da Universidade Isabel I de Burgos, Ana Pascual Maté; e a segunda clasificada no talent show culinario MasterChef, Teresa Abalde.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre