Inicio Galicia A campaña da Consellería de Medio ambiente ?Separar con xeito? concienciará sobre...

A campaña da Consellería de Medio ambiente ?Separar con xeito? concienciará sobre a reciclaxe no Pantín Classic logo de percorrer no que vai de ano máis de 300 eventos

0

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, participou esta mañá na presentación desta competición deportiva, que reunirá a milleiros de persoas en Valdoviño do 24 de agosto ao 2 de setembro


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levará a campaña Separar con xeito ata o Pantín Classic 2018 co obxectivo de concienciar e formar sobre a recollida selectiva de envases aos asistentes a esta prestixiosa competición internacional de surf, que se celebrará en Galicia entre o 24 de agosto e o 2 de setembro.

Con motivo da presentación do evento hoxe en Valdoviño, a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, lembrou que o obxectivo desta campaña é contribuír á divulgación e ao fomento da reciclaxe de envases na comunidade. Para iso, a Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ecoembes está a impulsar baixo o lema Separar con xeito toda unha serie de accións de sensibilización naqueles eventos que, como é o caso da Pantín Classic, atraen e concentran en cada edición a milleiros de persoas.

Así, desde o pasado mes de xaneiro e ata hoxe, a iniciativa leva percorridos xa máis de 300 eventos gastronómicos, festas e feiróns por todo o territorio galego, pasando pola Feira do Cocido, a Festa da Lamprea ou a do Viño de Chantada, así como por innumerables feiras semanais por todas as vilas de Galicia.

A campaña conta tamén cun espazo web onde, ademais de atopar toda a información sobre a campaña e os eventos que se visitan con ela, os usuarios teñen ao seu alcance unha recompilación de boas prácticas ambientais e de consumo responsable que poden poñer en práctica no día a día para mudar o actual modelo de consumo a un sistema 100% sostible.

No caso concreto da Pantín Classic, e coincidindo cos días fortes de competición e a maior afluencia de xente a Valdoviño, reforzarase a contenerización na zona para favorecer que todos os asistentes teñan máis facilidades á hora de separar os seus residuos.

Cun orzamento global de 300.000 euros para desenvolver actuacións ao longo de todo este ano, Medio Ambiente e Ecoembes traballan man a man para realizar un importante despregue de medios en cada evento ao que acoden, para acadar a implicación do público asistente a estas citas e tentar que todo o mundo se sinta involucrado na importancia da reciclaxe, dándolle unha nova vida aos materiais que emprega a diario.

Un evento da magnitude do Pantín Classic, que nos próximos días reunirá aos mellores surfistas do mundo en Valdoviño, pode chegar a xerar unha gran cantidade de residuos, en particular, de envases e de plásticos. Por iso, como explicou María Cruz Ferreira, esta cita supón un escenario inmellorable para dar a coñecer unha campaña específica neste ámbito, co principal obxectivo de concienciar e informar á cidadanía sobre a correcta reciclaxe dos envases a través dunha mensaxe personalizada.

Verdear é a actitudeCómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente presentou antes do verán a iniciativa Verdear é a actitude, coa que se pretende mellorar o comportamento ambiental dos galegos a través de diversas accións de concienciación, convertendo os seus xestos e esforzos en hábitos e costumes sustentables que axuden a mitigar os efectos do cambio climático.

Nesta filosofía encaixa tamén a campaña Separar con xeito, desenvolvida pola consellería desde comezos de 2018 en colaboración con Ecoembes co fin de levar esa mensaxe ao maior número posible de feiras, eventos e festas gastronómicas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre