Inicio Galicia A Biblioteca González Garcés acolle a exposición ?350 anos da ofrenda do...

A Biblioteca González Garcés acolle a exposición ?350 anos da ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado?

0

Ovidio Rodeiro participou na inauguración da mostra e destacou o seu gran valor histórico porque plasma o desenvolvemento dunha das cerimonias más antigas de Galicia


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na inauguración da exposición “350 anos da ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado” que estará na Biblioteca Pública Miguel González Garcés ata o 30 de abril en horario de 8.30 horas a 20.30 horas.

O acto contou coa asistencia do director da exposición Xulio Xiz e do deán da Catedral de Lugo, Mario Vázquez Carballo. A exposición está organizada polo colectivo Egeria, co apoio da Xunta de Galicia, dirixida por Xulio Xiz, e coordinada por Antonio Xiz e conta coa asesoría histórica de Marcos Calles.

Ovidio Rodeiro destacou que “a mostra ten un gran valor histórico porque plasma, en galego e en castelán, a historia dunha das cerimonias máis antigas que temos na nosa comunidade”.

O delegado territorial recalcou que “estamos conmemorando un acto ligado ao privilexio do templo lucense de manter o pan consagrado, permanentemente custodiado por una chama prendida, no altar maior. É unha das celebracións máis lonxevas da comunidade autónoma e a única que segue facendo unha memoria pública da monarquía que rexeu en Galicia na Idade Media”. Neste senso, lamentou que o goberno local dalgunhas das cidades como a da Coruña, que levaba anos asistindo a Lugo a esta celebración, deixase de facelo nestes últimos anos.

A exposición está composta por 12 paneis dobres, compleméntase con fotografías e gravados alusivos a estes 350 anos de historia, e unha antoloxía de textos poéticos sobre o Santísimo, con obras do Licenciado Molina, Valentín Lamas Carvajal, Angel Johán, Díaz Castro, Calderón de la Barca, Angel Garrote, Luis Romero Porras, Manuel Rodríguez López, Enrique Saavedra Lastra, Evaristo Correa Calderón e María Rosa de Vega Araujo.

Cada un dos paneis reflicte un aspecto deste proceso de tres séculos e medio, que comeza coa exposición desta singular historia, a inmemorial devoción polo Santísimo na cidade de Lugo, o antigo Reino de Galicia, o Memorial co que se iniciou o proceso, a escritura do donativo do Reino, a Ofrenda nos séculos XVIII, XIX, XX e XXI, Lugo como a Cidade do Sacramento, a devoción reflectida na heráldica e a perspectiva de cara ao futuro desta chama que non se apaga.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre