Inicio Galicia A Biblioteca de Galicia achégase á arte galega do século XX cunha...

A Biblioteca de Galicia achégase á arte galega do século XX cunha selección de autógrafos da colección Abanca

0

O legado exhíbese por vez primeira na exposición ‘A escritura dos artistas’, que protagonizan creadores como Castelao, Lloréns, Sobrino Buhigas, Prieto Nespereira, María del Carmen e Ánxel Corredoyra ou Álvarez de Sotomayor


A Biblioteca de Galicia achégase á arte galega do século XX cunha selección de autógrafos da colección ABANCA. Faino a través da exposición temporal As escrituras dos artistas. Autógrafos de pintores galegos na colección ABANCA, que se exhibe desde hoxe e ata o vindeiro 27 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia.

Entre os artistas que centran a exposición atópanse o polifacético Castelao, Fernando Álvarez de Sotomayor, Manuel Abelenda, Francisco Lloréns, Germán Taibo, Carlos Sobrino Buhigas, María del Carmen e Ánxel Corredoyra, Seijo Rubio, os gravadores Castro Gil e Prieto Nespereira, o xilógrafo Enrique Mayer, o ilustrador e pintor Sesto López ou o debuxante e tamén ilustrador e publicista Federico Ribas.

Xunto aos 21 autógrafos dos 18 artistas arredor dos que xira a mostra, pódense ver algunhas obras da colección artística que posúe ABANCA sobre estes autores. É o caso de dous debuxos e tres óleos de Manuel Abelenda; dun busto do músico Manuel Quiroga, da autoría de Asorey, de dúas acuarelas de Sobrino Buhigas, e catro debuxos de Castelao. Deste xeito, a nova exposición temporal da Biblioteca de Galicia dialoga coa mosta Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación, que se pode ver actualmente no Museo Centro Gaiás.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

Visita guiada pola mostraOs autógrafos compleméntanse con publicacións e gravados procedentes dos fondos da Biblioteca de Galicia, o que suman máis de 100 pezas polas que se realizará unha visita guiada esta tarde, ás 18:00 horas, a cargo do comisario, Daniel Buján, no marco do acto de inauguración da exposición, no que participarán o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal, e o xerente de Responsabilidade Social Corporativa ABANCA, Fernando Filgueiras.

Unha colección de autógrafos de máis de 250 autoresA colección bibliográfica de ABANCA está depositada na Biblioteca de Galicia desde hai cinco anos, durante os que a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Biblioteca de Galicia, levou a cabo diversas exposicións sobre este legado, así como un importante labor de dixitalización para poñer ao dispor da cidadanía o seu patrimonio a través de Galiciana, accesible en http://biblioteca.galiciana.gal/abanca/gl/micrositios/inicio.cmd.

Nesta ocasión, a mostra non se centra no fondo bibliográfico, do que xa se exhibiron importantes obras, senón na súa colección de autógrafos, esencialmente de autores galegos, que está depositada xunto cos fondos antigos e unha colección de libros de economía.

Leer más:  David Regades vuelve a jurar como delegado de la Zona Franca de Vigo después de ocho meses en el Congreso

A colección na que se basea a mostra, e que agora se dá á luz pública por vez primeira, conta con autógrafos de 256 autores e máis de medio milleiro de documentos. Nela inclúense notables de todos os ámbitos, das artes plásticas, da arquitectura, da música, das letras, da política, da medicina, da docencia, do galeguismo etc. Esta representación documental incide en autógrafos da primeira metade do século XX, de forma que no seu conxunto dá boa conta da Galicia dunha época fundamental do seu desenvolvemento e da toma de conciencia de si mesma.


- Te recomendamos -