Inicio Galicia A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acolle unha exposición cos graffitis premiados...

A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acolle unha exposición cos graffitis premiados e finalistas do programa Xuventude Crea 2019

0

As obras dos mozos finalistas e gañadores poderanse visitar neste centro compostelán desde hoxe ata o 8 de febreiro


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron esta tarde á inauguración da exposición cos graffitis premiados e finalistas no programa Xuventude Crea 2019 que acollerá a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago ata o 8 de febreiro.

Nesta edición os gañadores foron Miguel Aurelio Cajaraville (Baiona) pola súa obra Cor de corral; en segundo lugar, Margot Rodríguez Salvador (Pontedeume) con Leonesa con bengala; e en terceiro lugar, Fernanda Rodríguez Miguélez (A Coruña) con Camiñando entre nós. Tamén se concedeu unha mención de honra a Adrián Lomba Balea (Vigo) pola obra Octopoda grafitae.

Esta mostra recollerá así mesmo os outros proxectos finalistas no 2019 como son as obras de Daniel Fernández Vargas (Baiona) con Chegar e encher; Iván Matos Recouso (Bergondo) por Os diminutos tamén teñen voz; Javier Caamaño Pérez (A Coruña) Chámalle xe; e Enrique Facal Vázquez (Abegondo) con Desorden.

Na última edición desta iniciativa posta en marcha polo Goberno galego para poñer en valor e promover o talento, a creatividade e a innovación da xente nova foron premiadas 94 mozas e mozos por 53 proxectos diferentes englobados en 13 especialidades. Estas son: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Fotografía, Graffiti, Música, Poesía, Relato breve, Danza moderna, Videcreación, Teatro, Deseño de xoias e Moda. Os premios en cada unha das categorías son de 3000 euros para o gañador, 1500 euros para o segundo e 1000 euros para o terceiro clasificado.

Un total de 381 mozas e mozos, con idades entre os 16 e 30 anos e residentes todos eles en Galicia, participaron na edición Xuventude Crea 2019 cos seus diferentes proxectos. Esta iniciativa vai dirixida a estimular o enxeño e a imaxinación da mocidade. Os participantes non poden ser profesionais e, agás nas categorías de teatro, música, graffiti, cociña e danza moderna, deben presentar proxecto a título individual.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre