Inicio Galicia A Axencia Tributaria de Galicia tramitou máis de 800 citas na primeira...

A Axencia Tributaria de Galicia tramitou máis de 800 citas na primeira semana de funcionamento do servizo de cita previa

0

Os prazos dos principais impostos continúan suspendidos, pero de modo voluntario os cidadáns poden presentar as autoliquidacións


A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) tramitou 819 citas na primeira semana de funcionamento do servizo de cita previa para realizar trámites de xeito presencial. Aqueles cidadáns que así o precisen poden presentar autoliquidacións dos impostos que xestiona a Administración autonómica.

A día de hoxe, os prazos de presentación dos principais impostos xestionados pola ATRIGA (Transmisións Patrimoniais, Actos Xurídicos Documentados e Sucesións e Doazóns) permanecen suspendidos ata o 30 de xuño, tal como establece a Orde da Consellería de Facenda publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 27 de marzo.

Sen embargo, desde este luns 18, aqueles cidadáns que o precisen poden presentar de xeito voluntario as autoliquidacións destes impostos a través do servizo de cita previa activado pola ATRIGA. Para solicitar a cita previa, hai que acceder á web da ATRIGA, onde se lle outorgará unha data e unha hora na que será atendida.

Medidas de seguridade para a atención presencialO día da cita, a persoa non debe presentarse na oficina de atención ao público con máis de 5 minutos de antelación á hora da cita e deberá levar o xustificante da mesma para que o persoal de control de accesos lle permita o acceso ao edificio.

O acceso farase de xeito individual, deberase manterse unha distancia mínima de seguridade de 2 metros cos demais usuarios e co persoal de atención ao público, e o tempo de permanencia dos usuarios no interior da oficina non pode superar os 15 minutos. Ademais, ao entrar no edificio deberase realizar unha adecuada hixiene das mans, empregando auga e xabón ou unha solución hidroalcohólica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre