Inicio Galicia A Axencia Tributaria de Galicia tramitou máis de 6.400 citas no primeiro...

A Axencia Tributaria de Galicia tramitou máis de 6.400 citas no primeiro mes de funcionamento do servizo de cita previa

0

A cita previa pode solicitarse a través da web da ATRIGA


A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) tramitou nas súas delegacións 6.423 citas no primeiro mes de funcionamento do servizo de cita previa para realizar trámites de xeito presencial. Aqueles cidadáns que así o precisen poden presentar autoliquidacións dos impostos que xestiona a Administración autonómica.

A día de hoxe, os prazos de presentación dos principais impostos xestionados pola ATRIGA (Transmisións Patrimoniais, Actos Xurídicos Documentados e Sucesións e Doazóns) permanecen suspendidos ata o 2 de novembro, tal como establece a Orde da Consellería de Facenda publicada no Diario Oficial de Galicia o 15 de xuño. Esta nova orde derroga a publicada pola Xunta o 27 de marzo, que establecía unha suspensión no prazo de presentación dos principais impostos autonómicos ata o 30 de xuño ou un mes despois da finalización do estado de alarma.

Sen embargo, desde o pasado 18 de maio, aqueles cidadáns que o precisen poden presentar de xeito voluntario as autoliquidacións destes impostos a través do servizo de cita previa activado pola ATRIGA. Para solicitar a cita previa, hai que acceder á web da ATRIGA, onde se lle outorgará unha data e unha hora na que será atendida.

Medidas de seguridade para a atención presencialO día da cita, a persoa non debe presentarse na oficina de atención ao público con máis de 5 minutos de antelación á hora da cita e deberá levar o xustificante da mesma así como o documento de identidade para que o persoal de control de accesos lle permita o acceso ao edificio.

O acceso farase de xeito individual, deberase manter a distancia de seguridade cos demais usuarios e co persoal de atención ao público, e o tempo de permanencia dos usuarios no interior da oficina non pode superar os 15 minutos. Ademais, ao entrar no edificio deberase realizar unha adecuada hixiene das mans, empregando auga e xabón ou unha solución hidroalcohólica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre