Inicio Galicia A Axencia de Órganos e Sangue chama a doar sangue á cidadanía,...

A Axencia de Órganos e Sangue chama a doar sangue á cidadanía, especialmente aos grupos 0 positivo A positivo e B positivo

0
image_gallery.jpg

Mensualmente, os hospitais galegos precisan ao redor de 10.000 doazóns de sangue para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á cidadanía a doar sangue e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos 0 positivo, A positivo e B positivo.

As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.

Desde ADOS convídase a todas as galegas e galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue.

Cómpre remarcar que os hospitais galegos precisan mensualmente ao redor de 10.000 doazóns de sangue.

Facilitar a participaciónA Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, desprazando as súas unidades móbiles ao longo da xeografía galega.

Data

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre