Inicio Galicia A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e o concello de...

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e o concello de Narón promoven a doazón de sangue durante os meses de verán

0

Este municipio coruñés acadou unha cifra de 783 doazóns ao longo do ano 2017


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, en colaboración co Concello de Narón, unha campaña especial neste municipio coruñés que se desenvolverá baixo o lema “Ti dás o tipo”. A iniciativa foi presentada esta maña nunha rolda de prensa que tivo lugar na Casa do Concello de Narón e que contou coa presenza da directora de ADOS, Dª. Marisa López García, e co alcalde accidental do Concello de Narón, D. Guillermo Sánchez Fojo.

Desde ADOS, salientouse o carácter xeneroso dos galegos e das galegas e tamén de todos os veciños e veciñas de Narón que, durante o ano 2017, realizaron 783 doazóns de sangue, cifra que representa un índice de 18 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Esta cifra atopase por baixo da media galega de doazón, actualmente en 40 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano pero, tanto a directora de ADOS, como os responsables da corporación municipal agardaron que, progresivamente, Narón acade os índices de doazón recomendados grazas ao desenvolvemento de campañas específicas como a que terá lugar neste concello no transcurso da presente semana.

Leer más:  Rueda argumenta que su objetivo era formar un Gobierno "horizontal" y que no requiere "un refuerzo" después de la victoria del 18F

Necesidade constanteO Concello de Narón e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue impulsará a presente semana a participación da veciñanza nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns mensuais. Para isto, o Concello de Narón está a distribuír tarxetóns informativos sobre a doazón de sangue entre a veciñanza, tentando incentivar a participación.

As épocas de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden co período de vacacións de verán. Por iso, lévanse a cabo accións informativas cos concellos, para tratar de garantir unha participación axeitada co obxectivo de cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais. Nesta campaña “Ti das o tipo” enmárcase a colaboración que levará a Narón unha unidade móbil de ADOS os días 22 e 23 de agosto. As persoas maiores de 18 anos que desexen participar, poden acudir á unidade móbil que estará situada no Concello de Narón nas seguintes datas:Mércores 22 de agosto: ao carón do centro de saúde das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horasXoves 23 de agosto: na Solaina, na Praza da Constitución das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

- Te recomendamos -