Inicio Galicia A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama aos cidadáns a...

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama aos cidadáns a superar as 105.998 doazóns acadadas no pasado ano 2018

0

ADOS lembra que a taxa de doazón, que supera en tres puntos a media nacional, situouse no pasado exercicio en 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama aos galegos e galegas a superar as 105.998 doazóns de sangue acadadas ao longo do pasado ano 2018 e que supuxeron que a nosa Comunidade Autónoma se situase nun índice de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Cómpre lembrar que o pasado ano, Galicia superou en tres puntos a media nacional e situouse como a cuarta comunidade autónoma en doazón de sangue.

ADOS quere revitalizar o seu permanente chamamento á participación dos cidadáns para acadar, novamente, o índice mínimo que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS): 40 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.  PROVINCIA

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre