Inicio Galicia A Axega reúnese con técnicos de protección civil de Portugal para seguir...

A Axega reúnese con técnicos de protección civil de Portugal para seguir avanzando na cooperación transfronteiriza

0

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, mantivo onte o encontro en Viana do Castelo, dentro do marco de colaboración interrexional transfronteiriza


O Xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo Pereira, mantivo onte unha reunión en Viana do Castelo co Comando Distrital de operacións de socorro da Autoridade Nacional de Protección Civil e representantes da Escola Superior de Tecnoloxía (IPCA), dentro do marco de colaboración interrexional transfronteirizo.

No encontro abordáronse temas comúns relativos a Protección Civil e emerxencias do norte de Portugal e Galicia, como a utilización de medios eficaces nas comunicacións ou o emprego de ferramentas integradoras para aglutinar a información e poder realizar, así, tomas de decisións dun xeito máis eficaz.

Neste senso, os representantes do IPCA aportaron posibles solucións basándose no manexo da datos que utilicen intelixencia artificial. Esta ferramenta podería poñer en relación os datos das intervencións: climatolóxicos, de poboación ou de infraestruturas, vexetación e medios operativos, para obter unha visión global, aportar solucións á toma de decisións e proporcionar posibles resultados á incidencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre