Inicio Galicia A Axega fomenta o uso responsable do número 112 mediante unha web...

A Axega fomenta o uso responsable do número 112 mediante unha web para nenos cos Bolechas como protagonistas

0

A Axencia Galega de Emerxencias pon a disposición de estudantes e mestres unha web desde a que poden descargar unidades didácticas e participar en xogos cos que aprender a realizar unha chamada efectiva ao 1-1-2.

A Axencia Galega de Emerxencias activa da man dos personaxes dos Bolechas unha web con material lúdico e didáctico para favorecer o bo uso do número único 1-1-2 entre a comunidade educativa. Deste xeito, alumnos, alumnas, mestres e mestras poderán descargar unidades didácticas e participar en xogos e actividades que lles permitirán aumentar os coñecementos e habilidades para realizar unha chamada efectiva ao servizo de atención telefónica.

Mediante este enlace, ao que se pode acceder desde a web da AXEGA, ponse a disposición da comunidade educativa material útil para o traballo na aula ou na casa dos conceptos e destrezas coas que se pretende afondar na necesidade de usar de forma racional e responsable o número único europeo 1-1-2, mediante a identificación das situacións nas que a intervención dos equipos de axuda é vital.

Así, a través dos xogos e do coñecemento, os cativos e as súas familias poderán aumentar a súa capacidade de resposta ante unha situación de verdadeira emerxencia e terán acceso ás medidas que poden adoptar para protexerse.

Desde os primeiros coidados ás grandes emerxenciasEntre as actividades que se poden atopar nesta web, destacan as unidades didácticas sobre como identificar unha emerxencia, como facer que a chamada ao 1-1-2 sexa áxil e efectiva co fin de acadar a resposta máis axeitada posible, como se organiza a atención telefónica de emerxencias en Galicia e os recursos de intervención dispoñibles. Ademais, inclúese material para a aprendizaxe dos primeiros coidados cando a situación non require de medios especializados, así como cal debe ser o noso comportamento e medidas de protección ante emerxencias de risco vital.

Por suposto, a parte lúdica consiste en xogos e actividades que van desde os quebracabezas ás sopas de letras con diferentes graos de dificultade e o gran trivial, que permitirá aos usuarios da web poñer a proba os seus coñecementos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre