Inicio Galicia A AXEGA e a AEMET intercambian suxerencias sobre o sistema de coordinación...

A AXEGA e a AEMET intercambian suxerencias sobre o sistema de coordinación na emisión das alertas meteorolóxicas

0

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, presidiu un encontro coa AEMET para optimizar a coordinación das alertas meteorolóxicas


A Axencia Galega de Emerxencias e a Axencia EstataI de Meteoroloxía (AEMET) mantiveron unha reunión co fin de mellorar o sistema de coordinación relativo á publicación das alertas meteorolóxicas. O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, presidiu este encontro, que tivo lugar esta mañá nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Deste xeito, a través do intercambio de suxerencias, establecéronse distintas pautas coa intención de estudar dunha forma máis eficaz o trato da información transmitida á cidadanía. Desde a AEMET mostráronse interesados polos novos cambios na difusión de consellos á poboación apostando, tamén, polo avance das tecnoloxías á hora de comunicar as alertas a través das distintas vías.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre