Inicio Galicia A atención aos deportistas do CGTD no curso 2020/2021 complétase coa concesión...

A atención aos deportistas do CGTD no curso 2020/2021 complétase coa concesión de 6 prazas de colaboradores

0
image_gallery.jpg

Serán 4 mulleres e 2 homes que se desempeñarán como persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos deportistas menores de idade


O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este luns a resolución do 17 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista definitiva das prazas concedidas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21.

En total concedéronse 6 prazas de colaboradores (4 mulleres e 2 homes) para garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro e co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos deportistas menores de idade. Os beneficiarios das bolsas completan a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar.

As persoas beneficiarias destas bolsas disporán do aloxamento de domingo a venres e manutención completa -de luns a venres-, servizo de lavandaría, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia. A concesión destas bolsas é compatible coa obtención de axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre