Inicio Galicia A Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia inaugura a súa...

A Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia inaugura a súa nova tempada co apoio da Xunta

0
image_gallery.jpg

O director xeral de Políticas Culturais visitou hoxe a colección ‘Amanhar’ na Galería Metro de Santiago e ‘O Pronunciamento’ na Galería Vilaseco de A Coruña


A Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia estrea hoxe a súa nova tempada co apoio da Xunta de Galicia. Trátase dunha colaboración dotada con 100.000 euros que se leva a cabo grazas ao convenio asinado entre esta entidade e o Goberno galego co obxectivo de apoiar a produción, comunicación e difusión da súa programación.

Neste contexto, ao longo da xornada oito galerías realizan unha inauguración coordinada das exposicións que forman parte do proxecto 2020-2021. Concretamente, en Santiago de Compostela, estrean mostra as galerías Luisa Pita, onde se poderán contemplar S/T.2020 de Edu Albo; a Galería Metro, que acollerá o traballo Brisa de vilanos, de David Catá, e a Galería Nordés, onde estará exposta a colección Amanhar de Dalia Gonçañves que o representante da Consellería de Cultura e Educación visitará ás 17,00 horas. A esta lista súmase tamén a Galería Trinta coa exposición Rewired da artista Pamen Pereira.

Na Coruña, pola súa banda, inauguran mostras as galerías Moret Art, que exporá De Kepler a Neptuno, de Toya García Senra, e Vilaseco, onde ata o vindeiro mes de novembro se poderá visitar unha mostra colectiva coordinada por Ángel Calvo. Esta exposición, baixo o título de O Pronunciamento, foi inaugurada hoxe ás 12,00 horas nun acto no que participou o director xeral da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.Ás oito salas participantes súmase a Galería Marisa Marimón, en Ourense, onde exporá o seu traballo Soy un móvil Jorge Julve, e Galería PM8, en Vigo, na que xa desde xullo se pode contemplar Love Streams de Rosalin Nashashibi.

O convenio asinado entre Contemporánea e a Xunta de Galicia enmárcase no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico, no que tamén se recolle o incremento ata os 85.000 euros da liña de axudas para apoiar ás galerías de arte na súa participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade galega. Trátase dunha medida da que se poderán beneficiar os profesionais que asistiron a este tipo de eventos na etapa anterior ao covid-19 ou que o farán nos vindeiros meses.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre