Inicio Galicia A apertura de ofertas do concurso de solo empresarial convocado por Xestur...

A apertura de ofertas do concurso de solo empresarial convocado por Xestur terá lugar o próximo 5 de xuño

0

O acto tivo que ser aprazado en marzo como consecuencia da covid-19


O próximo día 5 de xuño procederase á apertura de ofertas do concurso de venda de parcelas de solo empresarial convocado pola empresa pública Xestur Galicia, que tivo que ser suspendido no pasado mes de marzo como consecuencia da pandemia da covid-19. O acto terá lugar nas oficinas centrais de Xestur, en Santiago de Compostela. O concurso de venda de solo empresarial foi convocado por Xestur no pasado mes de febreiro e no mesmo ofértanse máis de 763.440 metros cadrados de solo emprazado nun total de 17 parques empresariais das catro provincias galegas.

O solo pode adxudicarse en compravenda ou en dereito de superficie, co pago dun canon anual equivalente ao 1,5 % do prezo de venda da parcela durante os dous primeiros anos. Nos anos terceiro e cuarto o canon é do 2,5 % e a partir do quinto ano o 3,5% anual.

Melloras nas condicións de adxudicaciónCo obxectivo de facilitar a recuperación da actividade económica e mellorar a implantación das empresas galegas no solo urbanizado pola Xunta, aprobáronse novas condicións na adxudicación de solo propiedade de Xestur e o IGVS, tanto na adxudicación en compravenda como en dereito de superficie.

No caso da adxudicación en compravenda con prezo bonificado, os adxudicatarios disporán dun prazo de seis meses dende a adxudicación para o pago do solo adquirido e a formalización en escritura pública. Ata o de agora o prazo era de un mes.

Polo que respecta á adxudicación en dereito de superficie, as empresas adxudicatarias poderán solicitar un período de carencia de ata tres anos (ata agora era un ano como máximo), e increméntanse os prazos para facer efectiva a opción de compra. Ata o de agora as empresas dispoñían de 10 anos para mercar a parcela co desconto do 40 por cento do pagado en concepto de canon e agora o prazo será de 12 anos. Tamén se incrementa de 6 a 8 anos o prazo en que se poderá adquirir con prezo bonificado o solo adxudicado en dereito de superficie.

Estas medidas aplicaranse ao solo que se adxudique ata pasados doce meses dende o remate do estado de alarma.

Por outra parte, tamén se adoptaron medidas para o solo que xa actualmente xa está adxudicado en dereito de superficie, permitindo ás empresas solicitar ata doce meses de carencia no pago do canon e aumentando os prazos para construír as instalacións e iniciar actividade para as empresas afectadas pola covid-19. Asemade, non se pasaron ao cobro os recibos correspondentes aos meses de abril e maio das parcelas adxudicadas en alugueiro e dereito de superficie.

SOLO EMPRESARIAL INCLUÍDO NO CONCURSO DE XESTUR POR PARQUES  Actuación

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre