Inicio Galicia A Amtega e a CRTVG organizan un Workshop de consultas ao...

A Amtega e a CRTVG organizan un Workshop de consultas ao mercado para incorporar servizos innovadores interactivos á oferta da televisión pública autonómica

0

O encontro, que terá lugar o vindeiro mércores 19, detallará as necesidades e retos para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo


Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2018.- A Cidade da Cultura acolle o próximo 19 de setembro o Workshop de Consultas ao mercado para o desenvolvemento de proxectos innovadores no ámbito dos contidos dixitais interactivos, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG).

Ambas entidades están a colaborar para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo, no marco do Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset.

O obxectivo do workshop é presentar as necesidades e retos dun proxecto que pretende por a Galicia na vangarda do audiovisual a nivel internacional. Para elo, lánzase un procedemento de consultas ao mercado dentro da compra publica innovadora para que as empresas do sector TIC e do sector audiovisual poidan aportar a súas propostas. Os interesados en asistir pódense inscribir a través https://cdtic.xunta.gal/workshop-dico-mindset.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

A partir das propostas recibidas, a Amtega e a CRTVG terán coñecemento suficiente das solucións máis novas e óptimas existentes no mercado para abrir un procedemento de licitación posterior. As poden enviarse a través do formulario web da Amtega https://amtega.xunta.gal/dicomindset ata o 15 de outubro.

ActuaciónsO proxecto busca a posta en marcha dunha plataforma capaz de ofrecer solucións e servizos avanzados que incorporen as últimas tecnoloxías. Entre elas destaca a creación de contidos interactivos innovadores para o ámbito educativo non regrado que se integrarán nunha nova unha canle temática.

Con esta actuación quérese estimular o uso de novas canles e medios, en liña coas novas tendencias de consumo de contidos educativos, que se poidan orientar ao progreso e ás preferencias educativas do alumnado, a partir da aplicación das TIC. Ademais, para mellorar a experiencia de usuario incorporaranse as segundas pantallas, así como a creación de contidos específicos baseados en realidade aumentada, realidade virtual etc… para ser consumidos nelas.

Por último, para completar o proxecto, está previsto deseñar modelos para a análise de datos, baseados en técnicas de Big Data, que permitan medir e analizar os comportamentos da audiencia co obxectivo de crear canles multimedia personalizadas.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

Orzamento Ambas entidades investirán na iniciativa un orzamento total de 2.430.000 euros ata o 2020. A axencia pública autonómica achegará 1.780.000 de euros, cofinanciados nun 80% con Fondos Feder, para facilitar o posicionamento da televisión pública autonómica nos novos hábitos de consumo. 


- Te recomendamos -