Inicio Galicia A Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións achegarán as novas...

A Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións achegarán as novas tendencias tecnolóxicas a cidadáns e empresas

0

Grazas á colaboración entre ambas entidades este ano impartiranse talleres abertos e gratuítos sobre tecnoloxías como a Intelixencia Artificial, a Realidade Aumentada ou o 5G

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) renovan a súa colaboración coa sinatura dun acordo que, entre outras actuacións, permitirá realizar este ano talleres abertos e gratuítos sobre novas tendencias tecnolóxicas como a Intelixencia Artificial, a Realidade Aumentada ou o 5GEstas actividades formativas, abertas, gratuítas e presenciais, estarán dirixidas a cidadáns e empresas e administracións públicas. Esta actividade enmárcanse na aposta da Amtega pola especialización de profesionais TIC e a capacitación dixitais de profesionais doutros sectores.

Control sobre o terreoPor outra banda, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia levará a cabo un estudo sobre a calidade das redes móbiles e de banda larga en a lo menos 250 núcleos da Comunidade que, polas súas características específicas, requiran de medidas de control concretas.

Servizo de asesoramentoO acordo contempla, ademais, a continuidade do servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación dirixo especialmente aos axentes implicados no ámbito regulatorio das telecomunicacións e ás entidades locais.

Este servizo realízase a través equipo de traballo específico integrado por Enxeñeiros detelecomunicación, cun soporte centralizado e permanente mediante contacto telefónico e correo electrónico. Ademais, a AETG elaborará a documentación específica de soporte para a tramitación e xestión administrativa das comunicacións previas que afecten a infraestruturas de telecomunicacións.

A Amtega achegará á Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia un total de 65.000 euros para o desenvolvemento das actuacións que se recollen no acordo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre