Inicio Galicia A Amtega convoca máis de 550 prazas para as probas da certificación...

A Amtega convoca máis de 550 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

0

Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 550 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición a estas probas remata o 4 de abril e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

As probas presenciais celebraranse os días 08, 09 e 10 de maio en diversas quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 38 concellos, que suman un total de 570 prazas dispoñibles:Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Narón, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Carballedo, A Fonsagrada, Lugo, Ribadeo e Sarria na provincia de Lugo; O Barco, Castro Caldelas, Celanova, Leiro, Ourense e Xunqueira Ambía na provincia de Ourense; e A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.

Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.

AvaliaciónPara obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónicoAplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice BaseAplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice ImpressAplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.

Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice CalcOs materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemploMáis de 1.500 prazas programadas para este ano 2019Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2019, que terá a súa continuación no segundo semestre do ano con novas convocatorias dun cursos de teleformación titorizada con exame final e outra convocatoria de probas presenciais libres na modalidade autoformativaDende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 7.000 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.110 en cursos de teleformación titorizada e 4.923 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 3.100 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet  e abertos para ser consultados en calquera momento.

Calendarización das probasAs probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 08, 09 e 10 de maio de acordo co seguinte calendario:  LOCALIDADE

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre