Inicio Galicia A Amtega abre en marzo o prazo de tres das iniciativas do...

A Amtega abre en marzo o prazo de tres das iniciativas do Plan DigiTalent para promover as vocacións tecnolóxicas

0

Os centros educativos poden solicitar ata o 6 de marzo unha das máis 70 charlas sobre as novas tendencias dixitais impartidas por expertos


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) comeza o mes de marzo coa apertura de tres das liñas de actuación do Plan Digitalent: o programa de charlas en centros educativos galegos vinculadas ás novas tendencias dixitais, unha nova edición do Programa Tecnólogo por un día e a convocatoria das Bolsas DigiTalent.

Estas iniciativas forman parte do catálogo de actuacións do Plan DigiTalent para este curso 2019/2020, impulsado pola Amtega para potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, promover a adaptación de estudantes, titulados e profesionais á demanda de novos perfís dixitais e maximizar as oportunidades de desenvolvemento profesional na economía dixital.

Charlas DigiTalentPara achegar aos máis novos o interese polos estudos científico-tecnolóxicos e mellorar a visión que teñen das profesións dixitais a Amtega, en colaboración con outros axentes do ecosistema dixital galego, activa a iniciativa de Charlas DigiTalent. Ata o 6 de marzo os centros educativos interesados poderán realizar as súas solicitudes de inscrición a través da web: https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/charlas-digitalentCunha oferta de máis de 70 charlas que serán impartidas por profesionais das empresas Altia, DXC Technology, everis, Iecisa, Indra, Orange e Vodafone, e os centros tecnolóxicos Gradiant e CiTius, achegaranse aos centros educativos relatorios vinculados a novas tendencias dixitais como a Intelixencia Artificial, Blockchain, Ciencia do dato ou a Ciberseguridade, entre outras.

Nova edición de Tecnólog@ por un díaEn marzo comeza tamén unha nova edición do Programa Técnólogo por un día que ofrece a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais.

Entre o 16 e 26 de marzo estará aberto o período de inscrición para que o persoal docente inscriba ao alumnado interesado en participar, cumprimentando o formulario que estará dispoñible no espazo web DigiTalent https://digitalent.xunta.gal/gl, onde poderán consultar as prazas ofertadas por cada empresa colaboradora. Esta nova edición conta con máis de 50 prazas ofertadas polas empresas Altia, Coremain, everis, Optare Solutions, Sixtema e Tecalis que recibirán aos participantes.

Selección dos 32 bolseiros DigiTalentDurante os primeiros días de marzo, tras a súa publicación en DOG, abrirase a convocatoria a estudantes no marco das Bolsas DigiTalent, dirixida a alumnado matriculado nos últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura de calquera das tres universidades galegas, menores de 31 anos e que teñan superado o 75% dos créditos e menos do 100%, para que poidan presentar as súas candidaturas para participar no programa.

Ofrécense en total 32 prazas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC, co obxectivo de contribuír a dar resposta á demanda de novos perfís dixitais e facilitar a hibridación entre os sectores TIC e non TIC.

Iniciativas empresas colaboradorasA estas actuacións súmanse ás lideradas polas empresas do Pacto Dixital de Galicia, que suman esforzos coa Amtega para continuar avanzando no desenvolvemento dos eixos estratéxicos do Plan DigiTalent.

Durante o mes de marzo estaranse a realizar seis iniciativas vinculadas ao fomento das vocacións STEM: Crea R e Nativos R da man do operador R; as iniciativas Acerca-T e Mentoring Day impulsadas por Televés, GenTech da man de Altia e DixiXogo en liderada por Iecisa. Ademais, no tocante ao impulso dos novos perfís dixitais realizaranse dúas actuacións: AltiaTech impulsada por Altia e o Hackathon CEIN Big Data e Analytics impulsado pola Amtega e a empresa DXC.

Catálogo de actuacións DigiTalentToda a información sobre estas iniciativas así como do resto do catálogo DigiTalent, atópase dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal, onde se irá publicando a información relativa aos detalles das actuacións (datas, localizacións e instrucións para a participación) a medida que estea dispoñible.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre