Inicio Galicia A AGASP acolle estes días preto de 200 rapaces das federacións de...

A AGASP acolle estes días preto de 200 rapaces das federacións de baloncesto e balonmán

0

Esta iniciativa inscríbese no protocolo asinado entre Vicepresidencia e a Secretaria Xeral para o Deporte para facer uso destas instalacións


A sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada acolle durante estes días a preto de 200 rapaces e rapazas das federacións de baloncesto e balonmán.

Ata o próximo domingo, as seleccións galegas de balonmán da categoría xuvenil -a masculina e feminina-, e cadetes e infantís da categoría masculina, estarán concentradas co obxectivo de preparar o Campionato de España de seleccións territoriais que terá lugar na primeira semana de xaneiro.

Ademais, desde hoxe, e tamén ata o domingo, comezará a concentración das seleccións infantil e mini -masculinas e femininas- de baloncesto.

Esta iniciativa inscríbese no protocolo de colaboración asinado o ano pasado entre a Vicepresidencia e a Secretaria Xeral para o Deporte para que as federacións deportivas galegas poidan facer uso das instalacións da AGASP, que cumpren todas as condicións necesarias para prestar un servizo de calidade aos deportistas galegos.

A AGASP conta cunha edificación de máis de 10.000 m2 útiles situada nun recinto pechado de máis de 180.000 m2. Entre as súas instalacións destacan unha residencia con capacidade para 120 persoas, diferentes tipos de aulas, laboratorios, salas de estudo, conferencias e de xuntas, salón de actos, biblioteca, foxo de tiro, instalacións deportivas, pistas exteriores, ximnasio, piscina, áreas de esparexemento, cafetería e restaurante.

Con esta nova iniciativa, a AGASP segue diversificando a súa actividade -centrada principalmente na formación do persoal das fozas e corpos de seguridade e dos equipos de emerxencia- e consolídase como un centro de referencia estatal. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre