Inicio Galicia A Agadic retoma a colaboración co ciclo Galicia Importa, que arranca este...

A Agadic retoma a colaboración co ciclo Galicia Importa, que arranca este xoves co concerto de Asaf Avidan

0

O músico israelí visita por primeira vez a nosa Comunidade para actuar na Sala Capitol de Santiago

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) retoma a súa colaboración co ciclo de música Galicia Importa que, despois de varios anos, regresa aos escenarios galegos de novo baixo a organización da produtora Sweet Nocturna. O primeiro concerto desta nova etapa será o que o músico israelí Asaf Avidan ofrecerá este xoves 19 na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

A programación, que se estenderá durante todo o ano, continuará coas actuacións da lendaria Ronnie Spector (21 de xuño) e da banda estadounidense Mercury Rev (18 de setembro), para as que proximamente se anunciarán as localizacións xunto con novas citas do ciclo.

Mantense nesta edición o obxectivo co que Galicia Importa se puxera en marcha en 2008 para achegarlle ao público galego os directos de destacados nomes da música nun formato especial e máis próximo aos espectadores, nunha aposta alternativa a eventos musicais de carácter máis masivo.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

Con seis edicións e máis de 40 concertos celebrados, o ciclo reactívase en 2018 coa mesma aposta pola descentralización e desestacionalización, que conseguiu situar Galicia no calendario das xiras europeas de coñecidos artistas internacionais. É o caso de Asaf Avidan, ao que The New York Times definiu como “o prodixioso músico que compón como Leonard Cohen, canta como Robert Plant e ten o carisma dos artistas de cabaré máis grandes”.

Avidan, quen visita por vez primeira Galicia, caracterízase por un rexistro vocal andróxino que, segundo a prensa especializada, ben pode evocar tanto a Jeff Buckely como a Nina Simone. Tras os seus inicios percorrendo os escenarios do seu país con Now That You’re Leaving, o seu primeiro EP, e a creación da súa banda, Asaf Avidan and the Mojos, o artista retomou a súa carreira en solitario.

Número 1 en 14 paísesA fama internacional chegoulle co número 1 que obtivo en 14 países e os 179 millóns de visionados de One Say/Reckoning Song, un dos seus antigos temas, a raíz do remix realizado por un fan. O éxito desta versión e a publicación do disco Gold Shadow en 2015 conseguiron que a súa carreira dera un xiro situándoa ante novos horizontes.

Leer más:  David Regades vuelve a jurar como delegado de la Zona Franca de Vigo después de ocho meses en el Congreso

A venda anticipada de entradas para velo este xoves en Santiago de Compostela está operativa nos webs de Ataquilla e Ticketea.

Xira exclusivaEn canto ao segundo dos concertos desta nova xeira, Ronnie Spector actuará o 21 de xuño, na que será tamén a súa primeira visita a Galicia. Líder do mítico grupo The Ronettes, a diva americana presentará un repertorio composto por cancións tan universais como Be my Baby, Walking in the Rain ou Baby, I Love You.

Protagonista dunha das biografías máis apaixonantes da historia da música actual, chegou a contar cos mesmos The Rolling Stones como teloneiros. A pesar dos seus máis de 50 anos de traxectoria sobre os escenarios, en 2018 Ronnie Spector actuará por vez primeira en España cunha exclusiva xira de catro concertos, que terá parada en Galicia como parte do ciclo organizado por Sweet Nocturna en colaboración coa Agadic.

Pola súa banda, Mercury Rev chegarán á nosa Comunidade o 18 de setembro dentro da xira europea coa que está a conmemorar o vinte aniversario da publicación de Deserter’s Song, o seu disco máis emblemático. Celebrarano cun show acústico e íntimo, no que recuperarán os temas do seu clásico álbum de 1998 coa interpretación murmurada e esgazada coa que foron orixinalmente concibidos.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

Este grupo de Búfalo (Estados Unidos) é un dos máximos expoñentes do avant pop, ademais dunha referencia xeracional e académica do rock cunha traxectoria discográfica que reúne unha decena de títulos entre 1991 e 2015. 


- Te recomendamos -