Inicio Galicia A Agadic apoia o Museo do Pobo Galego na organización da XIII...

A Agadic apoia o Museo do Pobo Galego na organización da XIII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

0

O encontro, que se desenvolverá do 4 ao 10 de xuño en Santiago, súmase este ano por vez primeira á listaxe de eventos subvencionados a través da convocatoria de axudas a festivais audiovisuais


O Museo do Pobo Galego fixo pública hoxe a carteleira completa da XIII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que se desenvolverá en Santiago de Compostela do 4 ao 10 de xuño. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é unha das entidades colaboradoras do evento, que se suma este ano por primeira vez á listaxe de festivais audiovisuais adxudicatarios das axudas convocadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Así o explicou Jacobo Sutil, director da Agadic, durante a súa intervención nesta presentación xunto con Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural de Santiago; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Concha Losada, vicepresidenta do Museo do Pobo Galego, e Ana Estévez, directora da MICE.

Filmes galegosSutil salientou como valores desta mostra internacional a súa especialización en producións de corte etnográfico, “un paso máis alá do cine documental, que incide na visualización da relación humana cos territorios, cos seus costumes, e coa idiosincrasia de cada pobo”. Neste sentido, fixo referencia a algunhas das fitas galegas que se poderán ver nesta edición como “mostra do plus diferencial deste tipo de cinema, que nos sitúa como un sistema audiovisual propio no panorama global”: Trinta lumes, de Diana Toucedo; Os fillos da vide, de Ana Domínguez; Nocturno: fantasmas de mar en porto, de Álvaro F. Pulpeiro; Contrafaces, de Fon Cortizo, ou as curtas Cruz Piñón e Fisterra, carne de safari, entre otras.

Leer más:  Cuatro vecinos de Arteixo son detenidos por robar más de 250 botellas de aceite de oliva en supermercados de León

Fixo fincapé, igualmente, na calidade da carteleira deste ano, que inclúe estreas absolutas en Galicia e mesmo en España, así como na súa programación paralela, con exposicións, o obradoiro para público familiar A miña primeira película, colaboracións e intercambios con outras entidades como o festival oscense Espiello, e mesas redondas como as que protagonizarán as creadoras galegas Xisela Franco, Ana Domínguez e Ángeles Huerta xunto á castelá Mercedes Álvarez.

O apoio da Agadic á Mostra Internacional de Cinema Etnográfico materialízase tamén a través da colaboración que lle prestan dous dos seus centros adscritos: o Centro Galego de Artes das Imaxe, que lle facilita a copia dalgúns filmes e outros aspectos técnicos, e o Centro Dramático Galego, que cede o Salón Teatro como unha das sedes desta décimo terceira edición da MICE xunto co Museo do Pobo Galego e o Teatro Principal.


- Te recomendamos -