Inicio Galicia A Academia Galega de Seguridade Pública acolle hoxe as duodécimas probas para...

A Academia Galega de Seguridade Pública acolle hoxe as duodécimas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso

0

No ano 2010, o Goberno galego regulou por decreto os requisitos que deben cumprir os controladores para exercer as súas funcións

A Academia Galega de Seguridade Pública acolle hoxe as duodécimas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e na que están inscritas 89 persoas. A nosa comunidade conta xa con mais de 1.000 persoas con habilitación en vigor para realizar as funcións de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativasNo ano 2010, o Goberno galego regulou por decreto os requisitos que deben cumprir os controladores para exercer as súas funcións. Para desenvolver a función de control de acceso é obrigatorio contar coa habilitación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior xunto coa obtención do certificado acreditativo de ter superado as probas realizadas pola Agasp. Esta nova regulación ofrece melloras para os empresarios do sector da hostalería e os espectáculos públicos, que tiñan reclamado en numerosas ocasións esta medida; para os usuarios e clientes, que verán reforzados os seus dereitos e seguridade e para os propios controladores de acceso, que logran o recoñecemento e a dignificación da súa profesión.

Desenvolvemento das probasA proba de coñecementos consistirá en contestar un cuestionario de cincuenta preguntas tipo test, máis cinco de reserva, que versarán sobre temas relativos á Constitución Española, normativa básica do dereito de admisión, follas de reclamacións, posesións de armamento, medidas de seguridade en establecementos de concorrencia pública e primeiros auxilios, entre outros asuntos.

Así mesmo, realizarase un exercicio de tradución dun texto do galego ao castelán que terá carácter voluntario para os aspirantes que coas solicitude entregara a documentación precisa que acredite ditos coñecementos. Finalizados os exercicios teóricos terá lugar a segunda proba que consiste na realización dun test psicolóxico. Para obter a habilitación deberá obterse a cualificación de apto nas dúas probas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre