O luns haberá cortes na calzada dereita, en sentido Vigo, manténdose a circulación na outra, e o martes o peche trasladarase á esquerda, sentido Benavente
A autovÃa A-52 rexistrará cortes de tráfico o luns e o martes para executar o estendido da capa de rodadura e avanzar nos últimos pasos para a posta en servizo da nova conexión co polÃgono de San Cibrao das Viñas.
O luns realizaranse cortes na calzada dereita, en sentido Vigo, manténdose a circulación na outra con dobre sentido mentres se efectúan os traballos.
O martes, o peche da circulación trasladarase á calzada esquerda, en sentido Benavente.
A Xunta continúa a ultimar os remates para a entrada en funcionamento desta nova conexión que reducirá en máis do 60% o percorrido actual entre o polÃgono e a autovÃa que vai a Madrid. A actuación suporá un reforzo da seguridade viaria, mellorará a conectividade coa autovÃa de Celanova e reforzará a competitividade de toda esa zona.