Inicio Galicia 549 deportistas galegos de alto nivel poderán solicitar a partir de mañá...

549 deportistas galegos de alto nivel poderán solicitar a partir de mañá as ?axudas DGAN 2019? que convoca a Fundación Deporte Galego

0

Esta convocatoria conta nesta ocasión con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2018


O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos e galegas de alto nivel ‘Axudas DGAN 2019’ da Fundación Deporte Galego e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos deportistas galegos e galegas de alto nivel. Tras a convocatoria de ‘Axudas DGAN 2018’ resolta o pasado mes de decembro e que acadou os 348.790 euros, o máximo histórico destas axudas desde o ano 2013, a Secretaría Xeral para o Deporte, a través da FDG, segue traballando na liña de apoio aos deportistas de alto nivel para mellorar o seu rendemento deportivo e axudar na súa dedicación ao deporte de elite. No momento actual Galicia conta con 427 deportistas de alto nivel (168 mulleres, 259 homes e 11 deportistas con discapacidade, o número máis elevado desde que se recoñecen aos deportistas galegos e galegas de alto nivel, o 2004). Ao poder solicitar axuda todos aqueles deportistas que estean ou estiveran recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma deportistas de alto nivel nalgún momento dos anos 2018 e/ou 2019 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento), o número total de deportistas candidatos ascende a 549.

A convocatoria conta nesta ocasión con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2018 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores). Será a correspondente federación deportiva galega á que deba acreditar estes resultados. As bases da convocatoria xa están dispoñibles na web do Deporte Galego e dende mañá xoves 17, na sede electrónica da Xunta de Galicia, data na que comezará o prazo de presentación de solicitudes, rematando o vindeiro mércores 30 de outubro de 2019.

Novidades Co obxecto de mellorar a axilidade do procedemento e simplificar os trámites, nesta edición preséntanse dúas novidades substanciais: a persoa solicitante poderá presentar a súa solicitude telematicamente e non será necesario que presente o Anexo 2-Certificado da Federación.

Deste xeito, como nas edicións anteriores, ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel (en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administracións Públicas), poderase cursar a solicitude de axuda de forma telemática a través dos formularios normalizados (anexos I e II) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderase utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá, día 17 de outubro).

Ao respecto da segunda novidade, deberase remitir unicamente cuberto o anexo I de Solicitude e, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal). Non será necesario acudir á federación deportiva galega correspondente para cubrir o certificado de resultados xa que este mesmo será solicitado directamente por parte da Fundación Deporte Galego.

Novo decreto DGANParalelamente a actividade ordinaria da Fundación Deporte Galego, a Secretaría Xeral para o Deporte continua traballando no novo decreto que verá a luz nos vindeiros meses e ten como obxectivo a regulación do deporte de alto nivel de Galicia de xeito que os deportistas, adestradores e árbitros galegos que adquiran este recoñecemento se vexan beneficiados por novas vantaxes no eido educativo, laboral ou económico, entre outros.

Ademais, nese decreto desenvolverase a Oficina de Atención ao Deportista que “será a encargada de prestar os servizos de información, orientación e acompañamento nos trámites que poidan necesitar os deportistas”.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre