Trátase de concellos de menos de 10.000 habitantes que teñen unha densidade poboacional inferior a 100 habitantes por quilómetro cadrado como marca o BOE
219 dos 313 concellos galegos, é dicir, o 70%, quedan libres xa na súa totalidade de franxas horarias para pasear e facer deporte en base aos novos criterios establecidos hoxe polo Goberno central. Tamén poden abrir os espazos interiores de bares e restaurantes. Trátase de concellos de menos de 10.000 habitantes que teñen unha densidade poboacional inferior a 100 habitantes por quilómetro cadrado. A gran maiorÃa deles xa tiñan parroquias libres de franxas pero agora amplÃan esa potestade a todo o seu termo municipal e tamén ven reducidas as medidas de confinamento.
O ministro de Sanidade anunciara a medida o dÃa 17 pero non foi ata hoxe cando se concretou no BoletÃn Oficial do Estado (BOE). De feito, inclúe criterios diferentes aos sinalados no caso dos concellos e parroquias de menos de 5.000 habitantes, cando non se tiña en conta a densidade poboacional.
Ademais, a orde publicada hoxe no BOE está dirixida a aqueles territorios en fase 0 e 1. Polo tanto, en Galicia só estará vixente esta fin de semana, xa que vén de confirmarse que o próximo luns todo o territorio galego pasará a fase 2. Novamente, a Delegación de Goberno en Galicia pediu á Xunta que interpretara a orde do Goberno central, a diferenza do ocorrido en Asturias, onde foron os propios concellos os que aplicaron a norma. A Administración autonómica remitiu hoxe á relación dos 219 concellos ao delegado do Goberno.
Ao incluÃr o criterio da densidade faise imposible aplicar esta norma por parroquias individualizadas, xa que ningunha das situadas en concellos de entre 5.000 e 10.000 habitantes reunirÃa este requisito, e, polo tanto, non se sumarÃa ás que xa teñen liberdade de franxas. A pesares disto, as parroquias de menos de 5.000 habitantes que non cumpran o novo criterio de densidade incluÃdo no BOE manterán, segundo a Xunta, a súa liberdade de franxas para pasear e facer deporte como ata o de agora, xa que non se entenderÃa que agora se visen prexudicadas.
Cómpre engadir, que a Xunta de Galicia non recibiu resposta á súa solicitude da semana pasada, na que pedÃa que se eliminasen as franxas horarias e a limitación de non poder saÃr do municipio na práctica deportiva en todos os concellos galegos, independentemente do número de poboación.