Inicio Galicia 21 negocios da provincia da Coruña de restauración e aloxamento recibirán axudas...

21 negocios da provincia da Coruña de restauración e aloxamento recibirán axudas para mellorar equipamentos e servizos

0

A Xunta comunicou aos beneficiarios a resolución desta convocatoria, dotada con máis de 327.000€ para accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética provincia que mobilizarán máis de 1,1 millón de euros

A Xunta de Galicia notificou a resolución da liña de axudas posta en marcha a finais do pasado ano para financiar, cun investimento de máis de 327.000 euros, actuacións de mellora en establecementos de aloxamento turístico e restauración na provincia da Coruña que mobilizarán con todas as actuacións máis de 1,1 millón de euros.. Trátase dunha convocatoria que, como novidade, abriuse tamén para os restaurantes da que se van beneficiar nove hoteis en Padrón, Vilarmaior, Culleredo, Santiago, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Serra de Outes, Ribeira e Cedeira e doce restaurantes en Santiago, Betanzos, Noia, Boiro, A Coruña, Ribeira, Santa Comba, As Pontes e Ferrol.

Con esta achega, a Xunta contribuirá a financiar, entre outras actuacións, accións de mellora nos equipamentos e servizos dos negocios, buscando unha oferta de maior calidade para os propios galegos e os visitantes. Inclúense proxectos de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, melloras nas instalacións para obter certificacións de excelencia, actuacións de renovación e modernización das instalacións ou melloras na climatización.

En función do número de solicitudes recibidas, a liña consigna máis de155.000 euros para doce restaurantes que solicitaron a axuda e que cumprían cos requisitos. Pola súa parte, os nove establecementos de aloxamento contarán con algo máis de 171.000 euros dirixidos tanto a hoteis e pensións como a outras tipoloxías de aloxamentos tales como albergues, cámpings, entre outros. En total, son 21 os negocios da provincia da Coruña aos que lles notificou a resolución favorable.

Destino de calidadeA posta en marcha desta liña de axudas enmárcase nos obxectivos da Consellería de Cultura e Turismo de favorecer a renovación e modernización dos establecementos da Comunidade co obxectivo afondar un destino accesible e de calidade. Esta liña estratéxica cobra especial importancia para os empresarios e autónomos que, tras semanas de parón obrigado, retoman a súa actividade neste escenario de incerteza.    ALOXAMENTOS COMARCA

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre