Inicio Galicia 19 casas de turismo rural da provincia de Ourense ofrecen 38 menús...

19 casas de turismo rural da provincia de Ourense ofrecen 38 menús diferentes no Outono Gastronómico que comeza mañá

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentou o programa que chega a súa décimo segunda edición e combina a enogastronomía galega co turismo rural

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentou hoxe en Ourense a 12ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural que comeza mañá, 14 de setembro e que se desenvolverá ata o 16 de decembro. Díaz Mouteira destacou a aposta que realiza Turismo de Galicia “por dinamizar o turismo no eido rural e a promoción da nosa enogastronomía” a través desta iniciativa que agrupa 19 establecementos da nosa provincia, dos 86 participantes de toda a comunidade. Esta nova edición permite gozar aos visitantes que se acheguen a provincia ourensá de 38 menús diferentes e pernoitar nas casa rurais adheridas durante as fins de semana.

Na rolda de prensa, a delegada territorial estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Presidencia, Manuel Pardo, do xefe da área provincial de Turismo, Cecilio Santalices, e de representantes dos establecementos participantes.

Marisol Díaz explicou que o programa ten por obxectivo tamén favorecer a desestacionalización neste período no que a natureza de Galicia permite gozar de estadías moi singulares enmarcadas nas contornas rurais da provincia. Así mesmo, lembrou o éxito do Outono Gastronómico en Turismo Rural que ao longo de 11 edicións suma preto de 60.000 participantes e foi recoñecido na Feira Internacional de Turismo Fitur 2016 como Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de Enogastronomía.

Opcións a elixirO Outono Gastronómico en Turismo Rural, con prezos moi competitivos, ofrece opcións que se adaptan ao tipo de viaxeiros, ás súas preferencias ou á duración da estadía. Estarán dispoñibles todas as fins de semana, agás ás do 12 ao 14 de outubro e 7 ao 9 de decembro:- A oferta Menú Outono Gastronómico, deseñada exclusivamente para esta ocasión, inclúe entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños das distintas denominacións de orixe galegas e outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa.- Tamén se ofrece a posibilidade do Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o menú Outono gastronómico e pernoitar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte. Esta segunda modalidade prevé un menú por persoa máis aloxamento e almorzo, a escoller entre a noite de venres ou sábado. O prezo é de 120 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 80 euros para unha persoa en cuarto individual.- Outra das opcións é gozar da Fin de semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento, na noite de venres e sábado. O prezo é de 200 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 140 para unha persoa en cuarto individual.- E se se quere compartir coa familia unha fin de semana, existe a Fin de semana familiar Outono Gastronómico que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos. Para parellas acompañadas dun neno, a oferta de menús e aloxamento será de 260 euros, mentres que para as que vaian acompañadas de dous rapaces o prezo será de 300 euros.

Díaz Mouteira destacou que, como en edicións anteriores, hai guías divulgativas á disposición do público, que poderán atoparse nos establecementos participantes e en edificios públicos, entre eles as oficinas de turismo. A información relativa a este programa está ademais dispoñible en internet, tanto na web turismo.gal como na páxina outonogastronomico2018.comAdemais, para reforzar este programa Turismo de Galicia ten convocado un concurso ata o vindeiro domingo, 16 de setembro, para que os que desexen participan elixan o prato favorito de entre os que figuran nos menús da guía deste ano. O premio consistirá nunha fin de semana Outono Gastronómico para 2 persoas nunha das casas rurais participantes nesta promoción.

A delegada territorial resaltou as cifras da evolución turística na provincia, que reflicten que nos sete primeiros meses do ano a provincia de Ourense recibiu máis de 200.000 viaxeiros que fixeron máis de 381.000 noites na oferta turística regrada. Con estas cifras Ourense é a na provincia galega cunha mellor evolución durante este ano. Díaz Mouteira engadiu que, neste contexto de consolidación turística, se observa que os establecementos de turismo rural están a ser os máis beneficiados nesta provincia, cun incremento dun 19% na súa demanda nestes sete primeiros meses do ano e de máis dun 6% só no mes de xullo.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre