Inicio Galicia 15 científicos de recoñecida traxectoria incorpóranse como ?investigadores distinguidos' ás universidades galegas...

15 científicos de recoñecida traxectoria incorpóranse como ?investigadores distinguidos' ás universidades galegas co apoio da Xunta de Galicia

0
image_gallery.jpg

Son os primeiros investigadores captados a través do Programa de Atracción e Retención do Talento que puxo en marcha a Consellería de Cultura, Educación e Universidade


Un total de 15 científicos de recoñecido prestixio vanse incorporar nos próximos meses ás universidades galegas en calidade de Investigadores Distinguidos (ID), figura impulsada pola Xunta ao abeiro do primeiro Programa de Atracción e Retención do Talento científico en Galicia, e cuxa resolución sairá publicada mañá no Diario Oficial de Galicia.

A través desta nova categoría de Investigador Distinguido, o Goberno galego busca atraer e reter persoal investigador cunha ampla e recoñecida traxectoria co obxectivo de desenvolver as capacidades de investigación dos centros e das unidades de I+D do SUG.

Cunha dotación orzamentaria de 5 millóns de euros, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade asume o financiamento íntegro da contratación, por parte do Sistema Universitario Galego (SUG), dos 15 investigadores que foron seleccionados por unha comisión avaliadora externa. Trátase de 10 científicos que se incorporarán a centros de investigación universitaria de Galicia procedentes doutros organismos de fóra (Modalidade de Atracción) e outros cinco da Modalidade de Retención (orientada á contratación de persoal investigador actualmente con contrato nunha universidade galega).

Na modalidade de Atracción de Talento, catro dos dez seleccionados incorporaranse á Universidade de Vigo, tres á Universidade de Santiago de Compostela e outros tres á Universidade da Coruña. Dos cinco seleccionados na Modalidade de Retención de Talento, tres traballarán na UVigo, un na USC e outro na UDC.

Os científicos seleccionados vanse integrar nos próximos meses nalgunha das estruturas de investigación do SUG con axuda vixente, como pode ser un centro de investigación acreditado pola Consellería, o centro de excelencia Severo Ochoa radicado en Galicia e con acreditación vixente, ou nunha agrupación estratéxica modalidade A no ano 2018.

Este novidoso programa de axudas enmárcase dentro do conxunto de accións de apoio á carreira investigadora desde as etapas formativas iniciais (apoio predoutoral), ata completar a formación posdoutoral ao longo de cinco anos. Agora dáse un chanzo máis cunha nova medida na procura da atracción, incorporación e retención de talento investigador para garantir a excelencia da investigación científica en Galicia.

A contratación desta figura de Investigador Distinguido faise a través de dúas modalidades: a modalidade de atracción e a modalidade de retención.

Modalidade de atracción de talentoNo primeiro dos casos, de atracción, búscase atraer investigadores de recoñecido prestixio e incorporalos ao sistema universitario galego. Para iso a Consellería de Educación financia a contratación de ata un máximo de 10 investigadoras ou investigadores por un período de catro anos e cun importe por axuda de 91.000 euros/ano (50.000 euros de soldo e outros 40.000 euros para a liña de investigación).

Os aspirantes deben estar en posesión dun título do grao de doutor, acreditar un mínimo de catro anos de experiencia posdoutoral (dos cales polo menos 2 deben ser de estadía no estranxeiro) e non ter sido contratados por unha universidade do SUG nos 24 meses anteriores á data límite de presentación de solicitudes.

Modalidade de retención de talentoNa modalidade de retención, o obxectivo é contratar e promocionar o persoal investigador que xa está vinculado ao Sistema Universitario Galego, ben nos campus de especialización ou ben en áreas de coñecemento estratéxicas. Para tal fin a Consellería financia a contratación de ata cinco persoas, cunha axuda de 71.000 euros/ano por axuda (50.000 euros de soldo e 20.000 euros para a liña de investigación) durante un período máximo de catro anos. Neste caso, os requisitos esixidos son catro anos de experiencia posdoutoral e contar coa acreditación para a categoría de profesor contratado doutor da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) ou da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG), entre outros.

Pagamento de contratos e gastos asociadosAdemais do pagamento dos contratos, dos custes sociais e complementos a cada entidade beneficiaria por Investigador Distinguido que contrata, a Xunta tamén corre a cargo dos gastos asociados ao desenvolvemento das liñas de investigación que abranguen o custe da contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación (sempre que non estean vinculados funcionarial ou estatutariamente coa universidade contratante), o pequeno equipamento inventariable e material funxible, o material bibliográfico, a formación do persoal do equipo, as ferramentas de xestión do coñecemento e información (aplicacións informáticas, bases de datos,…) e a organización de actividades de intercambio e difusión científica entre outros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre