Inicio Galicia A Xunta anima aos futuros profesionais a seguir apostando polos produtos do...

A Xunta anima aos futuros profesionais a seguir apostando polos produtos do mar galegos a prol dunha gastronomía de calidade

0

A directora de Turismo e a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica visitaron hoxe unha actividade formativa gastronómica que se desenvolve no restaurante do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, animaron hoxe aos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) a seguir apostando polos produtos do mar no seu futuro profesional para garantir unha gastronomía galega de calidade e recoñecida nacional e internacionalmente.

Ambas quixeron coñecer hoxe de primeira man o traballo levado a cabo polos estudantes do centro que participaban nunha actividade formativa que contou coa colaboración de Anfaco-Cecopesca. Como parte da súa formación en restauración, os alumnos comprobaron as distintas posibilidades que ofrecen as conservas galegas na alta cociña. A actividade serviu, ademais, para pór en valor a importancia da industria conserveira galega, así como a da gastronomía, que é xa o segundo motivo polo que os turistas elixen Galicia como destino.

Leer más:  Un hombre resulta herido en Noia (A Coruña) después de ser golpeado en la cabeza por la coz de un caballo

Dentro da súa programación anual da titulación no Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña, o Centro Superior de Hostelería de Galicia cede temporalmente cada ano o seu restaurante aos alumnos dos últimos cursos para simular a xestión dun negocio real. Neste caso trátase de Atala, un proxecto fin de carreira ideado por seis alumnos que abre ao público esta semana. Tras o asesoramento de membros de Anfaco-Cecopesca, os alumnos desenvolverán durante estes días elaboracións culinarias novidosas feitas con produtos do mar. O grupo de alumnos deberá xestionar o restaurante e defender os resultados e o proxecto diante dun xurado que os avaliará a final de curso. 


- Te recomendamos -