Inicio Galicia Un combate poético púxolle o peche ao ciclo ?Asaltos!? que deu a...

Un combate poético púxolle o peche ao ciclo ?Asaltos!? que deu a coñecer no Gaiás facianas novas de 15 persoeiros da cultura

0

Nunha orixinal posta en escena imitando un cuadrilátero, este sábado retáronse en versos a filóloga Chus Nogueira e os poetas Antón Blanco e Elías Portela

O ciclo cultura Asaltos! clausurouse este sábado subindo ao ring creativo da Cidade da Cultura de Galicia á filóloga Chus Nogueira xunto aos poetas galegos Antón Blanco e Elías Portela, Premio Minerva e Premio Poesía Afundación, respectivamente, e arbitrados neste combate sobre versos por Silvia Penas, poeta, filóloga, performer e vocalista do grupo Cinta Adhesiva.

Con este cuarto combate creativo, Asaltos! chega ao seu fin, tras permitir coñecer enriba do escenario-cuadrilátero –montado enriba do Auditorio Neira Vilas, da Biblioteca de Galicia– novas e divertidas facianas creativas dun total de 15 púxiles. Este ciclo, en formato orixinal e rompedor, permitiu coñecer outras facianas creativas a personalidades de dentro e fóra de Galicia vencelladas co ámbito da literatura, da divulgación cultural, da tradución e da música.

Con Asaltos!, a Consellería de Cultura e Turismo quixo propor un formato que conectase os procesos culturais con novos públicos e, por iso, apostouse por un ciclo empapado de referencias estéticas e de linguaxes dirixidas a atraer o interese da mocidade. Deste xeito, amosóuselles a singularidade e variedade dos procesos creativos, dun xeito diferente e fresco –con entrada de balde, previa inscrición– no que foron participantes activos.

Leer más:  Encuentran junto al río el cuerpo sin vida de un septuagenario que desapareció el sábado en Sarria (Lugo)

Precisamente, onte venres, día 16, subiron ao ring deste ciclo cultural para retarse coa oralidade e a improvisación a cantautora galega Ses, o repentista cubano Alexis Díaz-Pimienta e a regueifeira Alba María, con Xurxo Souto, d’Os Diplomáticos de Monte Alto, como moderador. Un combate que espertou un alto interese, ao cubrirse todas as prazas.

Catro Asaltos!Coordinado pola investigadora e regueifeira Alba María Rodríguez, o ciclo Asaltos! arrancou a pasada fin de semana celebrando dúas sesións a tarde do venres e a mañá do sábado. Neste primeiro ring do día 10 contouse co escritor e director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; o crítico literario e creador do blog Caderno da crítica, Ramón Nicolás; unha das propietarias da libraría coruñesa Berbiriana, Alejandra de Diego Lata; e Óscar López, xornalista cultural e presentador de Página 2.

No segundo Asaltos! do sábado día 11 puidemos ver no cuadrilátero un auténtico duelo de autora versus tradutora entre Ledicia Costas, escritora e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, e Sara Margherita Cavarero, prestixiosa e premiada tradutora que trasladou ao italiano a obra de Ledicia Costas Jule Verne e a vida secreta das mulleres planta. Moderou este combate creativo e dialéctico María Alonso Seisdedos, tradutora ao galego de series míticas como Shin Chan e Premio Nacional de Tradución pola co-tradución de UIises, de Joyce.

Leer más:  El PPdeG comparte un vídeo en respaldo a Alejandro Fernández: "Es la ocasión para avanzar unidos"

Nos catro Asaltos! contouse cun amenizador musical para marcar os ritmos no cuadrilátero dialéctico-creativo, polo que a música foi tamén unha púxil máis cun papel especial grazas ás intervencións sonoras do DJ Jesús Andrés Tejada, da formación Cinta Adhesiva.


- Te recomendamos -