Inicio Galicia A Xunta de Galicia lembra a importancia dos maiores na sociedade na...

A Xunta de Galicia lembra a importancia dos maiores na sociedade na festa celebrada na súa honra en Portas

0

A titular autonómica departiu cos asistentes e lembrou os programas e servizos a disposición deste colectivo para fomentar o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables

A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, acudiu hoxe á XXVI Festa dos maiores de Portas onde tivo a oportunidade de departir cos asistentes e escoitar as súas necesidades e demandas.

Durante a súa intervención, a conselleira lembrou a importancia das persoas maiores na construción da sociedade moderna e do benestar de hoxe, engadindo que teñen un papel fundamental no pasado, presente e futuro da nosa comunidade.

Así mesmo, a titular autonómica fixo referencia aos múltiples servizos que o departamento autonómico que representa pon a disposición das persoas maiores para fomentar o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables como a mellor maneira de previr situacións de dependencia.

Neste sentido, Fabiola García fixo alusión aos programas de benestar en balnearios, mediante o cal se ofertan estadías e tratamento termal para maiores; e xuntos polo Nadal, dirixido a aquelas persoas maiores que se atopan soas durante as datas de Nadal.

Leer más:  El CIS mantiene al BNG con la misma estimación de voto tras el anuncio de Sánchez de abrir una reflexión

Trátase de programas que se enmarcan na Estratexia galega de envellecemento activo, que xorde coa vontade de dar resposta ao incremento da esperanza de vida media en Galicia. “Con ela, reforzamos o compromiso co benestar das persoas maiores e tamén das persoas con discapacidade, ambos colectivos prioritarios para o goberno galego”, explicou.

Así mesmo, lembrou que o Servizo de axuda no fogar (SAF) no concello de Portas incrementouse nun 130% desde a creación da Consellería de Política Social. “Grazas a isto, estamos a prestar 8400 horas ao ano de SAF aos veciños e veciñas da localidade”, afirmou García Martínez.

A titular da carteira social indicou que o compromiso cos maiores por parte do Goberno galego ponse de manifesto no incremento en máis dun 11% dos orzamentos para 2018 con respecto ao ano pasado destinados a este colectivo, chegando aos 309 millóns de euros. Unha maior disposición de recursos que, segundo explicou a conselleira, permite consolidar a rede de prazas residenciais e de atención diúrna, potenciar o Servizo de Axuda no Fogar a Dependentes (SAF) ou ampliar a ratio de atención a persoas dependentes. 

Leer más:  El Gobierno permitirá que Altri reciba fondos europeos para la planta de Palas (Lugo) siempre y cuando cumpla con "toda la normativa"

- Te recomendamos -