Inicio Galicia A nova Lei de benestar animal duplicou o número de inscricións no...

A nova Lei de benestar animal duplicou o número de inscricións no rexistro galego de identificación de animais de compañía

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda defende que os datos do Regiac son a mellor mostra da efectividade do novo articulado, que tamén ten por obxectivo potenciar a adopción e loitar contra o maltrato animal

Coirós (A Coruña), 5 de outubro de 2018.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que a entrada en vigor da Lei de benestar animal duplicou o número de inscricións no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía. A responsable de Medio Ambiente visitou esta mañá as instalacións da protectora de animais Gatocan, onde indicou que dende xaneiro ata hoxe rexistráronse 66.344 inscricións; fronte ás 32.797 do mesmo período de 2017.

Neste sentido, Ángeles Vázquez afirmou que as cifras son unha mostra clara da efectividade desta medida, para evitar e loitar contra o abandono animal, e da propia lei, que ten entre os seus obxectivos, potenciar a adopción dos animais abandonados, loitar contra o maltrato físico e psíquico e converter a Galicia nunha comunidade libre de abandonos.“Un triplo obxectivo que fai de Galicia unha das rexións europeas máis avanzadas en canto á normativa en materia de protección animal”, indicou, ao promover a adopción dos animais abandonados nos centros de recollida e a prohibición do seu sacrificio unicamente por prazos, permitíndose soamente a eutanasia en situacións moi puntuais que un veterinario xustifique debidamente.

Leer más:  La Xunta establece un cronograma de acciones para llevar a cabo la Ley del Litoral y vuelve a demandar recursos al Gobierno

A conselleira reiterou que Galicia conta cunha lei que loita contra o maltrato en todas as súas manifestacións, ao vetar todas aquelas condutas que supoñan determinadas mutilacións nos animais, como cortes de orellas ou rabos; co fin único de manter unhas características dun tipo racial ou estéticas e impedindo tamén que os animais vivan permanentemente atados ou en lugares nos que se impida o seu movemento.

Aclarou que para seguir avanzando neste reto, o Goberno galego habilitará unha liña de axudas, por importe de 150.000 euros, para sufragar a esterilización, identificación e gastos de alimentación e sanitarios dos animais abandonados que posteriormente se entregan en adopción. Un apoio aos 30 centros de recollida de animais abandonados, como Gatocan, que fan un labor moi importante durante os 365 días do ano.

Por último, a conselleira avanzou que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural tamén está a traballar no Regulamento da Lei, que se presentará en 2019, co fin de desenvolver todos os aspectos da Lei con maior precisión.  

Leer más:  Rueda se reunirá con el subsecretario de Pesca de Argentina, el jefe de gobierno de Buenos Aires y el gobernador de Chubut

- Te recomendamos -