Inicio Galicia Marisol Díaz Mouteira recibe ao novo alcalde do concello ourensán de Xinzo...

Marisol Díaz Mouteira recibe ao novo alcalde do concello ourensán de Xinzo de Limia

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo esta mañá no seu despacho o seu primeiro encontro institucional co novo alcalde do concello ourensán de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, que o pasado mes de agosto substituíu no cargo a Manuel López Casas.

Na xuntanza analizaron os proxectos que este concello ten solicitados ao Goberno galego para os próximos meses e o seu estado de tramitación e Díaz Mouteira brindoulle ao novo rexedor toda a colaboración da Administración autonómica co fin de lograr o progreso e benestar deste municipio ourensán.  

Leer más:  Galicia no registra la presencia del mosquito tigre, pero se espera su aparición debido a las altas temperaturas

- Te recomendamos -