Inicio Galicia A Xunta achega 13.500 euros ao concello da Pastoriza para a adquisición...

A Xunta achega 13.500 euros ao concello da Pastoriza para a adquisición dun vehículo para o Servizo de Augas

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que o Goberno galego sufraga o 60 por cento do custo “no marco da colaboración coas facendas locais”

A Xunta de Galicia destina 13.500 euros ao concello da Pastoriza para a adquisición dun vehículo para o Servizo de Augas municipal, que será utilizado para a realización de tarefas de control, mantemento e conservación da rede de abastecemento.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achega o 60 por cento do orzamento do vehículo “no marco da colaboración coas facendas locais, para que os concellos poidan desenvolver as súas competencias cos medios axeitados e co menor custo posible para eles”.

Neste caso, o investimento do Goberno galego reforza o parque móbil municipal en base ás necesidades do Servizo de Aguas, que debe supervisar as redes de abastecemento e desprazarse aos diferentes depósitos de cabeceira, algúns de difícil acceso. Trátase dun vehículo Cross Over, que reúne as características dun turismo e a posibilidade de adoptar en determinadas situacións as vantaxes dun todoterreo.

Leer más:  Burela (Lugo) será la sede de las jornadas técnicas y el encuentro empresarial Expomar a partir del 8 de mayo

Balseiro subliñou que o Goberno galego “aposta pola mellora das dotacións e infraestruturas municipais para que os veciños e veciñas dispoñan de servizos públicos eficaces en calquera parte do territorio”.


- Te recomendamos -