Inicio Galicia A Ínsua dos Poetas réndelle homenaxe póstumo ao poeta Víctor Campio Pereira

A Ínsua dos Poetas réndelle homenaxe póstumo ao poeta Víctor Campio Pereira

0

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na X edición da Festa da Palabra, na Ínsua dos Poetas, onde se lle rendeu unha homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira, unha semana despois do seu falecemento.

Román Rodríguez loou a obra poética do de Garabás (Maside), que destaca pola súa “calidade, fondura e sinxeleza”, así como as outras facetas como articulista, narrador e adaptador de obras teatrais.

O conselleiro tamén subliñou o traballo desenvolvido pola Fundación Ínsua dos Poetas para consolidar esta cita anual coa cultura que é a Festa da Palabra, e que ten como principal obxectivo o recoñecemento a persoas e entidades que traballan no fortalecemento da lingua e da cultura galega.  

Leer más:  El gasto de los organismos instrumentales de la Xunta aumenta un 6% en 2022, alcanzando los 2.262 millones

- Te recomendamos -