Inicio Galicia A Xunta adxudica a obra do centro de saúde da Estrada por...

A Xunta adxudica a obra do centro de saúde da Estrada por un importe de 3.966.380 euros

0

A Axencia Galega de Infraestruturas vén de adxudicar a obra do centro de saúde da Estrada (Pontevedra) á empresa UTE Puentes y calzadas infraestructuras, SLU-Ogmios proyecto, SL, por un importe de 3.966.380 euros. O prazo de execución é de dezasete meses. O novo centro de saúde construirase nunha parcela de 4.262 metros cadrados cedida gratuitamente polo concello.

A construción deste novo centro de saúde permitirá tanto aos profesionais como aos pacientes e usuarios dispor dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, e que dará mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños da Estrada. Na actualidade, neste concello aténdese a un total de 20.957 tarxetas sanitarias, das que 2.369 corresponden a poboación pediátrica.

O proxecto do centro de saúde fora presentado o pasado mes de novembro polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e forma parte do conxunto de infraestruturas de Atención primaria que se van modernizar nesta lexislatura, unhas melloras que beneficiarán a máis de 310.000 galegos. En total, trabállase en 20 novas infraestruturas das que 17 son novos centros de saúde e outras tres son ampliacións e mellora das instalacións existentes. A Xunta prevé destinar 55,6 millóns de euros a estes novos proxectos.

Leer más:  Trasladado grave al hospital un hombre inmerso en un proceso de desahucio que se precipitó desde un 4º piso en Vigo

Proxecto de construciónO edificio da Estrada contará con tres andares ademais dun soto, o acceso principal realizarase a través dunha praza exterior e tamén haberá un lugar para o acceso das ambulancias baixo teito. No baixo andar vai estar a recepción e administración, cun gran vestíbulo que distribúe a área pediátrica cara un lado, con tres consultas de pediatría e dúas consultas de enfermería pediátrica. Ao outro lado do vestíbulo estará a área de apoio ao diagnóstico que conta con sala de toma de mostras, sala de radioloxía e sala de ecografía; e a continuación a área de urxencias (PAC) na que haberá dúas consultas de medicina e dúas de enfermería, ademais de dúas salas de reanimación e observación.

No primeiro andar estará a área de medicina con once consultas de medicina xeral e outras dez consultas de enfermería; ademais de consulta de farmacia, despacho do traballador social, salas polivalentes e a zona de persoal.

No segundo andar situarase a área da muller que terá dúas consultas de matrona. O centro terá así mesmo neste andar outras consultas como odontoloxía e hixienista dental, unha área de fisioterapia e rehabilitación con catro consultas, e unha área de saúde mental con dúas consultas de psiquiatría e dúas consultas de traballador social. 

Leer más:  La Xunta valorará asumir el 80% y el Ayuntamiento de Santiago el 20% para el párking del Clínico

- Te recomendamos -