Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta que o investimento de 1,2 millóns de euros no...

Ethel Vázquez salienta que o investimento de 1,2 millóns de euros no concello abre Baiona ao mar, mellorando ao tempo a seguridade viaria e a mobilidade sostible de veciños e visitantes

0

Vázquez Mourelle detalla as intervencións acometidas para conseguir a reordenación do tráfico, incrementar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade nesta municipio, nas que se investiron arredor de 700.000 euros,

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe o investimento de 1,2 millóns de euros no concello de Baiona, contribúe a abrir a vila ao mar, a o tempo que permite mellorar a seguridade viaria e a mobilidade sostible dos veciños e a todas as persoas que visitan este municipio.

Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, supervisou o remate das obras de reforzo da seguridade viaria e de mellora da mobilidade executadas na PO-552, a estrada Vigo-Tui, ao seu paso por este concello.

A conselleira detallou os traballos realizados para conseguir a reordenación do tráfico, incrementar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade na travesía de Baiona. As actuacións, cun investimento de arredor de 700.000 euros, incluíron o reforzo do firme da estrada nun treito de 3 quilómetros, a construción dunha nova glorieta para favorecer o acceso ás instalacións da lonxa e do porto deportivo, e a execución dunha senda peonil e ciclista no Paseo Marítimo que une este punto co acceso ao Parador.

Leer más:  Un atunero de una empresa viguesa, implicado en un naufragio con un desaparecido en las Galápagos

Segundo explicou a titular do departamento de Infraestruturas, se realizaron ademais unha serie de actuacións complementarias moi ambiciosas. Entre elas, acondicionar a zona para taxis e autobús, manter a continuidade co itinerario peonil e ciclista xa existente, a construción de zonas de estancia e recreo, así como a renovación do alumeado público e colocación de novos puntos de luz e de mobiliario urbano.

Referiu que nestes días se completarán os traballos na zona, coa instalación de semáforos, a colocación dunha varanda e bolardos e a mellora dos pasos de peóns no Paseo Marítimo. Actuacións, subliñou, que redundarán aínda máis na seguridade de peóns e usuarios.

Ethel Vázquez destacou que todas estas actuacións permiten mellorar toda a contorna, estando a punto -tras 6 meses de obras- para o inicio da nova tempada estival. Época do ano, na que o municipio rexistra maior afluencia de turistas e visitantes, que atoparán un novo espazo con maiores garantías para vehículos, peóns e ciclistas, dixo.

A consellería de Infraestruturas e Vivenda está a face varias intervencións nesta zona de reforzo da seguridade viaria e de promoción dunha mobilidade máis sustentable, enmarcándose esta actuación no Plan de Sendas de Galicia que, para a comarca de Vigo, recolle a construción de 11 novas itinerarios peonís e ciclista, que supoñen un investimento de 5,4 millóns de euros.

Leer más:  Miles de personas demandan a la Xunta desde Santiago que tome medidas ante la "emergencia" del gallego

A actuación da consellería na senda está cofinaciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Nova senda na praia de Santa MartaCoincidindo coa supervisión das actuacións no municipio, Vázquez Mourelle avanzou a licitación dunha nova senda no treito da praia de Santa Marta, e na que o seu departamento investirá 555.000 euros. Esta senda dará continuidade ao carril-bici existente, e inclúe a reposición e ampliando da sección da actual pasarela de madeira, de modo que teña un espazo delimitado para ciclistas. As obras se licitarán este mesmo mes e se iniciarán en outono, para tela rematada no inverno.

Estas intervencións, incidiu, amosan a aposta da Xunta pola mellora da seguridade viaria e da mobilidade en Baiona, cun investimento total de máis de 1,2 M€.

Vázquez Mourelle quixo lembrar ademais outras actuación que está a acometer o departamento que dirixe no conxunto da comarca do Val Miñor. En concreto, falou das intervencións de reforzo da seguridade viaria para suprimir os 6 treitos de concentración de accidentes das estradas PO-331 e PO-552, por 1,5 millóns de euros. Actuacións que forman parte da iniciativa da Xunta de ter eliminados en 2020 todos os TCAS nas estradas autonómicas.

Leer más:  Rueda solicita acuerdo para revitalizar el gallego: "Queda mucho por hacer"

En definitiva, cando se completen as sendas en execución e as que están previstas, se disporá dun itinerario peonil e ciclista que unirá Vigo e Gondomar con Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda a través das estradas autonómicas. O que da idea, concluíu a conselleira, da aposta do Goberno galego pola mobilidade sostible e por contar cunhas estradas máis seguras e nas que convivan con garantías vehículos, peóns e ciclistas. 


- Te recomendamos -