Inicio Galicia A novena edición da mostra (S8) da Coruña afonda no cine estrutural...

A novena edición da mostra (S8) da Coruña afonda no cine estrutural baixo o título Lux Algebra

0

O festival adiantou os detalles da programación que desenvolverá do 25 de maio ao 3 de xuño e para a que volve contar co apoio da Consellería de Cultura, a través dunha subvención da Agadic e da colaboración do CGAI

Lux Algebra é o título da sección central da novena edición da (S8) Mostra de Cinema Periférico, que se desenvolverá do 25 de maio ao 3 de xuño na Coruña co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación. A organización adiantou hoxe os que serán os principais eixos desta programación, que lle concederá un especial protagonismo ao chamado cinema estrutural para exhibir obras experimentais nas que o tempo, a montaxe e a construción interna dos filmes son determinantes.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o director do festival, Ángel Rueda, na presentación que tivo lugar no museo Domus da Coruña e que contou tamén coa participación de José Manuel Sande, concelleiro de Culturas da Coruña; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación Provincial; e María Teresa Cores, coordinadora de área de Cultura de Afundación.

Leer más:  El pleno de As Pontes (A Coruña) no acepta la propuesta del BNG de declarar BIC las torres de la central térmica

Na súa intervención, Sutil explicou que, por quinto ano consecutivo, a Consellería de Cultura apoia este encontro “dentro do seu cometido de dinamización do audiovisual galego e como resultado, en concreto, da convocatoria de subvencións da Agadic a festivais audiovisuais”, a través da que en 2018 se distribuíron 140.000 euros entre oito eventos considerados estratéxicos para o audiovisual e a cultura en Galicia.

A través destas axudas, sinalou, contribúese a lle dar continuidade a unha serie de certames “ben asentados, con calidade e claridade nos seus contidos e con acerto na súa xestión e comunicación, que constitúen unha parte importantísima do noso sistema audiovisual, determinante para o propio desenvolvemento do sector e para a formación e información do público”.Ópera/oratorioNo caso do (S8), estes obxectivos xerais plásmanse nunha carteleira da que o director da Agadic destacou, entre outros contidos, a gala de inauguración do día 25, na que o Teatro Colón acollerá a ópera/oratorio Voices of Light/A paixón de Xoana de Arco, na que se proxectará a restauración do mítico filme de C.

Leer más:  La Cámara gallega solicita al Estado que reconozca a la Guardia Civil y Policía Nacional como profesiones de riesgo

T. Dreyer musicada en directo polo Coro e Orquestra Gaos, baixo a dirección de Fernando Briones, a partir da partitura de Richard Einhorn.

O tempo e a estrutura como principios do chamado cinema estrutural conforman un dos eixos desta novena edición, a través dunha das súas figuras claves, o estadounidense Ernie Gehr, abandeirado dun cine que traballa coa mesma natureza do medio e coa entidade propia da imaxe a través dos mecanismos técnicos da cámara, do celuloide, da luz e da percepción ocular. Completan este apartado os traballos de Scott Stark, cuxas películas se constrúen arredor de certas regras de xogo que o cineasta presenta nun traballo tan lúdico como experimental, a sesión Patróns de interferencias, o programa Métrica e rima e a exposición O cine en papel. Sinais no CGAIO director da Agadic referiuse, así mesmo, á colaboración habitual do CGAI coa mostra (S8), da que nesta edición acollerá 11 sesións. Entre elas, a encadrada dentro de Sinais, sección que este ano se lle dedica á creadora galega María Ruído e que exhibirá na filmoteca galega o seu traballo O ollo imperativo.

Leer más:  Muere un motorista de 47 años al colisionar con un coche en Quiroga (Lugo)

Tamén volverá ao CGAI a xa tradicional Sinais en curto, que lle ofrece ao público do festival unha escolma das últimas curtametraxes de realizadores galegos ou que traballan en Galicia, como Alberte Pagán, Lara e Noa Castro, Ángel Santos, Helena Girón e Samuel Delgado, e Marcos Pérez e Martin Pawley.

En rexistro diferente, o (S8) contará tamén este ano con programas dedicados a Friedl vom Göller, Phil Hoffman, Pablo Mazzolo e Chris Kennedy. Ademais, dedicaráselle un programa especial ao 50 aniversario de Canyon Cinema, mítica cooperativa californiana fundada por cineastas como Bruce Baillie e Chick Strand.


- Te recomendamos -