Inicio Galicia Ángeles Vázquez recibe á asociación Fomento Forestal de Monfero, que colabora na...

Ángeles Vázquez recibe á asociación Fomento Forestal de Monfero, que colabora na loita contra os lumes

0


A Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe coa asociación Fomento Forestal, de Monfero, para escoitar as súas demandas e ampliar, na medida das posibilidades, a colaboración coa Xunta na súa loita contra os lumes forestais. Esta entidade, que conta cuns 700 socios e xestiona unhas 2.000 hectáreas de monte nas comarcas de Eume e Betanzos, coopera durante os meses de verán na vixilancia e prevención dos incendios e de aí esta reunión coa que pretenden reforzar a súa relación.

Asistiron á cita o presidente e vicepresidente da asociación, José Francisco Ares e Francisco Calaza, respectivamente. A conselleira agradeceu a ambos a súa implicación contra esta lacra e tamén por fomentar a ordenación e boa xestión dos montes da contorna. 

Leer más:  El juicio por la sanción a un hombre que pidió ser atendido en gallego en un ambulatorio en Rianxo se llevará a cabo el 3 de junio

- Te recomendamos -